Cambiemos o mundo! O álbum

Dos nove obradoiros que realizamos entre os meses de novembro e decembro polas bibliotecas de Santiago, A Coruña, Ourense e Pontevedra, saíron ideas, versos e imaxes ben suxestivas, a visión dos máis pequenos e pequenas de como está o mundo na actualidade, das coisas que facemos mal os maiores e, sobre todo, un enfoque positivo, esperanzado e resiliente, de como mudar, día a día, os nosos hábitos de vida, de consumo, de ocio… para facermos, entre todos e todas, un mundo sostible, un mundo mellor.

En breve poderedes descargar a versión dixital do álbum, mais vai un adianto das páxinas do libro: