Biblioteca Pública Miguel González Garcés, A Coruña

Na Coruña, na biblioteca pública Miguel González Garcés tivemos unha única sesións de Reinventar o mundo, pero deu moito de si. A pesar da chuvia, o vento e o frío, o escenario do salón de actos da biblioteca encheuse coa rapazada que viña con ganas de reinventar o mundo. Nestas sesións centrámonos en imaxinar como sería o noso mundo ideal, o Planeta no que queremos vivir todos e todas no futuro. Neste mundo soñado, que talvez consigamos que sexa real, os coches non contaminan e todos e todas teriamos unha actitude responsable e solidaria co medioambiente. Neste obradoiro había nenos e nenas con moi boa letra e aproveitamos para facermos califrafía creativa coas propostas e protestas. De aquí saiu a cuberta do libro, a que quedou moi bonita?