Biblioteca Pública Ánxel Casal, Santiago

O primeiro encontro de Reiventar o mundo tivo lugar o 12 de novembro na Biblioteca Pública Ánxel Casal de Santiago de Compostela. A partir do conto “A viaxe dos pingüíns” reflexionamos sobre o cambio climático, que obrigou aos pingüíns deste conto a ter que percorrer o mundo (e a Galaxia) buscando un lugar para vivir. Debatemos coa rapazada sobre a actual situación do medio ambiente, sobre as tallas indiscriminadas de árbores, que son o pulmón do Planeta. Tamén dos mares de plástico que ameazan a sostenibilidade e a vida nos océanos. Os nenos e nenas expresaron, con palabras e imaxes, a súa preocupación polo futuro dun planeta que pide axuda, cada día.

Non queremos máis plásticos! Deixemos vivir en paz aos peixes, baleas e golfiños!