Biblioteca Antonio Odriozola, Pontevedra

En Pontevedra tivemos un total de tres sesións de Reinventar o mundo, con cativos e cativas desde os seis anos, ata os dez anos. Invadimos con contos e debuxos a entrada da biblioteca, foi moi divertido! Usamos un libro informativo moi interesante, Salvamos o Planeta, do que fomos sacando ideas para o noso manifesto poético. Debatemos entre nós sobre a actual situación do medio ambiente, e sobre que podiamos facer no día a día por darlle unha volta ao mundo. Nestas sesións centrámonos en poñer de manifesto as cousas que están por mudar, a contaminación das grandes fábricas, o control sobre os incendios, os verquidos que deixan o mar sucio e contaminado e o tráfico que afoga a vida nas cidades .